O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2025, adoptou o acordo que na súa parte dispositiva di:
Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do parque do hospital.
Segundo. Someter á información pública durante dous meses o Plan especial de infraestruturas e dotacións do parque do hospital.
Terceiro. Publicar o anuncio de información pública no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, como nun dos xornais de maior difusión na provincia de Lugo, o Plan especial de infraestruturas e dotacións do parque do hospital.
Cuarto. Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
Quinto. Recadar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivos.
O período de información pública que figura no punto segundo do acordo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2025
José Tomé Roca
Alcalde
