Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 9 de xuño de 2025 aprobouse a oferta de emprego público correspondente a a/s praza/s que a seguir se apuntan para o ano 2025.
Persoal funcionario:
|
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Titulación |
Provisión |
|
1 |
Administrativo/a |
C |
C1 |
Bacharelato ou equivalente Técnico de xestión administrativa (grao medio) |
Promoción interna |
|
2 |
Auxiliar administrativo |
C |
C2 |
ESO ou equivalente |
Promoción interna |
Persoal laboral fixo:
|
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Titulación |
Provisión |
|
3 |
Limpador/a |
AP |
2 |
ESO ou equivalente |
Promoción interna |
|
4 |
Educador/a social |
A |
A2 |
Grao de Educación Social |
Libre |
|
5 |
Monitor/a |
AP |
A |
TSEAS TSAF TAFAD Certificado de profesionalidade |
Libre |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ponteareas ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Crecente, 9 de xuño de 2025
Julio César García Luengo Pérez
Alcalde
