DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 15 de xullo de 2025 Páx. 39772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0086-2022 FOR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, EdificioAdministrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 30 de xuño de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0086-2022 FOR.

DNI denunciada: 76358852W.

Acto de notificación: multa coercitiva 2.