DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 15 de xullo de 2025 Páx. 39771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Portafeito a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sela, parroquia de Sela, concello de Arbo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 26 de abril de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Arbo.

Parroquia: Sela.

Nome do monte: Portafeito.

Cabida: 726 m2.

Referencias catastrais:

– Parte 36001A04800145.

– Parte 36001A04800146.

– Parte 36001A048090012.

Estremas:

– Norte e leste: Luis Araujo Araujo.

– Sur e oeste: Concello de Arbo (estrada municipal).

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 30 de xuño de 2025

Xesús Santaló Ríos
Instrutor