No Diario Oficial de Galicia núm. 36, do 21 de febreiro de 2025, publicouse a Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A).
Na dita orde, o artigo 2.1 establece o financiamento ás axudas previstas por un importe total de catorce millóns seiscentos cinco mil euros (14.605.000 euros) repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:
|
Aplicación orzamentaria |
2025 |
2026 |
2027 |
Totais |
|
16.03.723C.780.0 |
1.100.000,00 € |
770.000,00 € |
660.000,00 € |
2.530.000,00 € |
|
16.03.723C.770.0 |
4.766.000,00 € |
3.336.200,00 € |
2.859.600,00 € |
10.961.800,00 € |
|
16.03.723C.760.0 |
484.000,00 € |
338.800,00 € |
290.400,00 € |
1.113.200,00 € |
|
Total |
6.350.000,00 € |
4.445.000,00 € |
3.810.000,00 € |
14.605.000,00 € |
Xa rematado o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria, e unha vez instruídos os expedientes, obtívose a relación de solicitudes propostas polos GALP, con base na cal cómpre realizar unha redistribución do crédito entre partidas orzamentarias.
De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre os distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Redistribuír o crédito para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A), co detalle que se indica a seguir:
|
Aplicación orzamentaria |
2025 |
2026 |
2027 |
Totais |
|
16.03.723C.780.0 |
2.329.721,33 € |
1.803.984,84 € |
660.000,00 € |
4.793.706,17 € |
|
16.03.723C.770.0 |
3.536.278,67 € |
2.214.503,32 € |
2.859.600,00 € |
8.610.381,99 € |
|
16.03.723C.760.0 |
484.000,00 € |
426.511,84 € |
290.400,00 € |
1.200.911,84 € |
|
Total |
6.350.000,00 € |
4.445.000,00 € |
3.810.000,00 € |
14.605.000,00 € |
Segundo. Esta modificación non implicará a apertura de prazo para presentar novas solicitudes.
A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
