En cumprimento do disposto no artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,
RESOLVO:
Primeiro. Facer pública a inclusión das seguintes árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante as seguintes resolucións:
Resolución do 4 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data da solicitude: 10.10.2024.
Código: 50F.
Nome da formación: Azarolos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
Especie: Crataegus azarolus L.
Localidade: Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Lourizán).
Concello: Pontevedra.
Provincia: Pontevedra.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29):
Exemplar 1: 526.930/4.694.795.
Exemplar 2: 526.933/4.694.797.
Exemplar 3: 526.819/4.694.876.
Punto central da formación: 526.918/4.694.889.
Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade e rareza, así como a súa significación cultural, educativa e estética.
Resolución do 13 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data da solicitude: 17.12.2024.
Código: 173A.
Nome da árbore: Érbedo de Cabeiro.
Especie: Arbutus unedo L.
Localidade: Cabeiro (San Xoán).
Concello: Redondela.
Provincia: Pontevedra.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 530.849/4.678.353.
Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade.
Resolución do 14 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data da solicitude: 8.11.2024.
Código: 174A.
Nome da árbore: Plataneiro de Sombra do pazo de San Isidro.
Especie: Platanus hispanica Mill. ex Münchh.
Localidade: pazo de San Isidro.
Concello: Mondoñedo.
Provincia: Lugo.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 633.233/4.809.437.
Motivo da catalogación: porte.
Resolución do 9 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data da solicitude: 21.1.2025.
Código: 175A.
Nome da árbore: Camelia Rosalía de Castro.
Especie: Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L.
Localidade: Casa Museo de Rosalía de Castro. Iria Flavia (Santa María).
Concello: Padrón.
Provincia: A Coruña.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 528.481/4.731.805.
Motivo da catalogación: significación histórica e cultural.
Resolución do 9 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data da solicitude: 27.2.2025.
Código: 176A.
Nome da árbore: Loureiro dos Poetas da Casa de Rosalía.
Especie: Laurus nobilis L.
Localidade: Casa Museo de Rosalía de Castro. Iria Flavia (Santa María).
Concello: Padrón.
Provincia: A Coruña.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 528.505/4.731.809.
Motivo da catalogación: significación histórica e cultural.
Segundo. Facer pública a descatalogación das seguintes árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante as seguintes resolucións:
Resolución do 19 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Código: 48A.
Nome da árbore: Faias do pazo de Castrelos.
Especie: Fagus sylvatica L.
Localidade: pazo de Castrelos.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 522.529/4.673.920.
Motivo da descatalogación: perda dos valores que motivaron a súa inclusión.
Resolución do 19 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Código: 55A.
Nome da árbore: Cocoteiro de Chile do pazo de Meirás.
Especie: Jubaea chilensis (Mol.) Baill.
Localidade: pazo de Meirás.
Concello: Sada.
Provincia: A Coruña.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 556.944/4.800.747.
Motivo da descatalogación: morte biolóxica do exemplar.
Resolución do 19 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Código: 77A.
Nome da árbore: Carballo do pazo de Vilardefrancos.
Especie: Quercus robur L.
Localidade: pazo de Vilardefrancos.
Concello: Carballo.
Provincia: A Coruña.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 528.879/4.780.903.
Motivo da catalogación: morte biolóxica do exemplar.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
