DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 15 de xullo de 2025 Páx. 39736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Beariz (expediente IN408A 2024/04-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: Bess Development 7, S.L.U. (B56216930).

Domicilio social: rúa Castelló, 128-5º, 28002 Madrid.

Denominación: Instalación de almacenamento enerxético con baterías Bess Beariz.

Situación: concello de Beariz (Ourense).

Características principais recollidas no proxecto:

1) Planta de almacenamento de enerxía stand-alone coas seguintes características: potencia instalada: 49,738 MW; capacidade de almacenamento de enerxía: 199,56 MWh. Sistemas de: control, comunicacións, posta a terra, monitorización, extinción de incendios, ventilación e refrixeración, alumeado e vixilancia.

2) Sistema BESS battery energy storage system, ou sistema de almacenamento de enerxía en baterías) con contedores prefabricados tipo outdoor, composto por 13 power island. Cada power island consta de:

• Skid de media tensión composto por: dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo; transformador de potencia de 4.000 kVAs e R/T: 30/0,66 kV.

• Dous PCS (power conversión system) con dous inversores C-BESS2000-660Vrms c/u de 1,913 MVAs; convertedor bidireccional; unidades exteriores de baterías DCBIoQ (11 power island con 11 unidades exteriores de baterías DCBIoQ, cunha capacidade instalada de 15,136 MWh e 2 power island con 12 unidades exteriores de baterías DCBIoQ, cunha capacidade instalada de 16,512 Mwh).

3) Centro de protección e medida (CdCyM), en 30 kV, coas seguintes celas prefabricadas de envolvente metálica con illamento en SF6: tres celas de liña e unha cela de protección de transformador SSAA (50 kVAs e R/T 30/0,42 kV).

4) LMTS, a 30 kV, de interconexión entre as estacións de potencia (Skid MT) e o centro de protección e medida (CdCeM), composto por dous circuítos:

a) Circuíto 1 de interconexión do Skid1, Skid2, Skid3, Skid4, Skid5, Skid6 y Skid7, co CdCeM.

b) Circuíto 2 de interconexión do Skid8, Skid9, Skid10, Skid11, Skid12 y Skid13 co CdCyM.

Circuíto 1:

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×1×95 mm2 con orixe no Skid1 e final no Skid2.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×1×95 mm2 con orixe no Skid2 e final no Skid3.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×2×95 mm2 con orixe no Skid3 e final no Skid4.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×2×120 mm2 con orixe no Skid4 e final no Skid5.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×3×120 mm2 con orixe no Skid5 e final no Skid6.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×3×240 mm2 con orixe no Skid6 e final no Skid7.

• LMTS, a 30 kV, de 21 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×3×240 mm2 con orixe no Skid7 e final no CdCeM.

Circuíto 2:

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×1×95 mm2 con orixe no Skid8 e final no Skid9.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×1×95 mm2 con orixe no Skid9 e final no Skid10.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×2×95 mm2 con orixe no Skid10 e final no Skid11.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×2×120 mm2 con orixe no Skid11 e final no Skid12.

• LMTS, a 30 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×3×120 mm2 con orixe no Skid12 e final no Skid13.

• LMTS, a 30 kV, de 25 m de lonxitude, en condutor RH5Z1-OL 18/30 (36) kV Al 3×3×240 mm2 con orixe no Skid13 e final no CdCeM.

5) LMTS, a 30 kV, de 443 m de lonxitude, en condutor X-VOLT 18/30 kV RHZ1 AL/OL/2OL 1×500, coa orixe na cela de liña do centro de protección e medida e final na subestación colectora SEC Paraño 30/132/400 kV (que é obxecto doutro proxecto).

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das citadas instalacións.

Documentación que se expón:

• O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial Javier Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 5.423 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Andalucía Occidental, o 13.6.2025.

O que se fai público para o coñecemento xeral e, se fose o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental segundo o establecido no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no Real decreto 445/2023, do 13 de xuño, polo que se modifican os anexos I, II e III da Lei 21/2013, do 9 de decembro.

Toda a documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1-3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 1 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense