Expediente: IN407A 2024/245-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Desmontaxe CT edificio Vergel (15CJ64).
Concello: Noia.
Feitos:
1. O día 19.7.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a autorización de peche do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de desmontaxe do CT Verxel por problemas de aceso, fin da vida útil de parte das instalacións e deficiencias no local.
2. Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:
– Proxecto de execución nomeado Desmontaxe CT edificio Vergel (15CJ64), asinado o día 27.6.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo.
– Anexo ao proxecto, asinado o día 27.3.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.
3. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Noia e Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 13.6.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Xosé Fernández da Ponte, nº 15, no concello de Noia, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Desmantelamento do centro de transformación edificio Vergel (15CJ64) con expediente APM industria 52390 e data de APM 17.2.1993, de potencia APM 630 kVA, e potencia 20 kV, situado no interior do edificio nº 15 da rúa Xosé Fernández da Ponte.
– Faise necesario realizar unha actuación no centro de transformación Xenaro Carrero (15CTL3) con expediente APM industria 393/3 e data APM 6.5.2008, é necesaria a substitución das celas de media tensión existentes de tipo 2L+1P por outras novas de tipo 3L+1P para manter a continuidade da liña e poder alimentar o centro de transformación Peirao do Marqués (15CPC3) con expediente APM industria 259/00 e data APM 30.5.2026.
– Novo tramo de liña de media tensión subterránea en condutor de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), desde unha das celas de media tensión que se vai instalar no centro de transformación Xenaro Carrero (15CTL3) para manter a alimentación ao centro de transformación Peirao do Marqués (15CPC3), cunha lonxitude de 124 m.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica e a autorización de peche para o CT que se vai desmantelar.
2. O desmantelamento da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución, e producirase a caducidade da autorización de non realizarse os traballos no prazo establecido.
3. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.
4. A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
5. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
6. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 16 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
