De conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo de Recursos Económicos, subgrupo A1.
Segundo. As bases da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (A Estrada), na intranet corporativa da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Terceiro. As solicitudes e a documentación xustificativa dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e deberán dirixirse ao director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).
Poderán presentarse no Rexistro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ou mediante calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixidas ao mesmo enderezo.
A Estrada, 8 de xullo de 2025
Román Gómez Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a de servizo da área de Recursos Económicos.
Grupo de clasificación: A1.
Procedemento de provisión: libre designación.
Número de vacantes: 1.
