Mediante o Decreto da concelleira de Medio Ambiente do 14.3.2025 acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcela consistente na xestión da biomasa, parcela identificada coa referencia catastral 36054A0047002450001RE.
Ao ignorárense os titulares da parcela, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º do presente artigo ou ben, intentada a notificación, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado; poñendo en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación enténdese producida e o interesado poderá interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolvido e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación. Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.
Tomiño, 25 de xuño de 2025
A alcaldesa
P.D. (Acordo do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030
