En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acadado na sesión que tivo lugar o 28 de maio de 2025 en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Salceda de Caselas.
Parroquia: Santa María de Salceda.
Nome do monte: Corticelas ou Torreiro.
Cabida: 1.473 m2.
Ref. catastral: 36049A01700303.
Lindes:
|
Estremas |
|
|
Norte |
Rafael Justo Fernández Vale |
|
Sur |
Antonio Carracedo García Camiño público |
|
Leste |
Camiño público (Deputación Provincial de Pontevedra) |
|
Oeste |
Antonio Troncoso Rodríguez Venancia Berta Rodríguez Caballero Áurea Cabaleiro Rodríguez María Estrella Pérez Alonso |
Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 30 de xuño de 2025
Xesús Santaló Ríos
Instrutor
