DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 16 de xullo de 2025 Páx. 40133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xullo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo a deslindamentos con particulares (expediente 31/76 e tres máis).

Na sesión realizada polo xurado o día 23.6.2025 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Vilalvite, pertencente aos veciños de Vilalvite, no concello de Friol. Expediente Friol/31_76.

O 29.9.2022, a comunidade de Vilalvite presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012.

O 5.1.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 9.2.2023 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 3DES_2022. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello de Friol e na web da Consellería do Medio Rural.

O 22.4.2024, a comunidade de Vilalvite presentou unha proposta posterior á análise das alegacións recibidas por parte dunha alegante. Na nova proposta, a comunidade acepta as alegacións que versan sobre a parcela 43 do polígono 284 e a parcela 12 do polígono 288.

O 26.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

A comunidade de Vilalvite presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 8.5.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento.

Segundo a nova cartografía, o monte de Vilalvite pasa a ter una superficie de 219,97 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos acadados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Brancio e Candelos, pertencente aos veciños de Brancio e Candelos, no concello da Fonsagrada. Expediente Fonsagrada/15_81.

O 30.9.2022, a comunidade de Brancio e Candelos presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012.

Na proposta de deslindamento pártese do plano unha vez consolidado o deslindamento por avinza coa comunidade de Ervellais e a revisión de esbozo para o seu axuste ao catastro, ambos en trámite con proposta elaborada polo Servizo de Montes.

O 23.5.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 10.7.2023 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 6DES_2022. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello da Fonsagrada e na web da Consellería do Medio Rural.

O 30.4.2025, a comunidade de Brancio e Candelos presentou a proposta de deslindamento logo do período de exposición pública sen recibir ningunha alegación ao respecto.

O Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 22.5.2025, a comunidade de Brancio e Candelos presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 5.6.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento.

Segundo a nova cartografía, o monte de Brancio e Candelos pasa a ter una superficie de 140,81 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos acadados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Faro de Requeixo, pertencente aos veciños de Requeixo, no concello de Chantada. Expediente Chantada/32_80.

O 28.9.2022, a comunidade de Requeixo presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012.

O 15.4.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a proposta formulada.

O 7.5.2024 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 2024_6DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello de Chantada e na web da Consellería do Medio Rural.

O 14.8.2024, a comunidade de Requeixo presentou unha proposta posterior á análise das alegacións recibidas por parte de dous alegantes. Na nova proposta, a comunidade acepta as alegacións e incorpora a corrección da liña de deslindamento do monte veciñal coas parcelas catastrais 27016A06200162 e 27016A06200163.

O 24.9.2024, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 28.1.2025, a comunidade de Requeixo presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 8.4.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento.

Segundo a nova cartografía, o monte de Faro de Requeixo pasa a ter una superficie de 118,50 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos acadados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia, pertencente aos veciños do Veral, no concello de Lugo. Expediente Lugo/48_80.

O 5.9.2024, a comunidade do Veral presentou unha proposta de deslindamento do seu monte respecto de propiedades particulares, coa que solicita o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012.

O 28.10.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe desfavorable sobre a proposta formulada, xa que considerouse incoherente a proposta de deslinde coa cartografía achegada, ademais de resultar insuficiente a xustificación de propiedade dalgúns predios actualmente clasificados a favor do monte veciñal.

O 4.11.2024, a comunidade volve a presentar proposta de deslindamento con 4 predios estremeiros.

O 9.12.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre a nova proposta formulada.

O 10.1.2025 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o procedemento 2024_20DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello de Lugo e na web da Consellería do Medio Rural.

O 5.5.2025, a comunidade do Veral presentou unha ratificación da proposta inicial por non se ter presentadas alegacións no proceso de información pública.

O 7.5.2025, o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento parcial expresado.

O 9.5.2025, a comunidade do Veral presentou a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 16.5.2025, o Servizo de Montes emitiu un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento.

Segundo a nova cartografía, o monte de Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia pasa a ter una superficie de 147,08 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 1 de xullo de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Vilalvite e outros

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Brancio e Candelos e outros

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Faro de Requeixo e outros

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento MVMC Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia e outros

missing image file