Na sesión que tivo lugar o día 23.6.2025, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común (en diante, MVMC) de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:
– MVMC Trandeiras e Illoa (exp. 4_79), pertencente aos veciños de Galegos; MVMC Serra de Ulloa (exp. 1_79), pertencente aos veciños de Leirado. Ambos os montes no concello de Láncara.
O 26.3.2025 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levada a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento co número de expediente 2025_10AV.
O 22.4.2025, o Servizo de Montes emite un informe en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Trandeiras e Illoa: 98,19 hectáreas.
• MVMC Leirado: 79 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.
– MVMC Trandeiras e Illoa (exp. 4_79), pertencente aos veciños de Galegos; MVMC Picouto, Medorra e Trandeiras (exp. 98_79), pertencente aos veciños de Lagos. Ambos os montes no concello de Láncara.
O 26.3.2025 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levada a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento co número de expediente 2025_11AV.
O 30.4.2025, o Servizo de Montes emite un informe en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Trandeiros e Illoa: 97,39 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co monte de Leirado (2025_10AV).
• MVMC Picouto, Medorra e Trandeiras: 107,78 hectáreas
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.
– MVMC Trandeiras e Illoa (exp. 4_79), pertencente aos veciños de Galegos; MVMC Illoa (exp. 5_79), pertencente aos veciños de Cedrón e Xusaos. Ambos os montes no concello de Láncara.
O 26.3.2025 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levada a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Procedemento co número de expediente 2025_12AV.
O 2.5.2025, o Servizo de Montes emite un informe en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Trandeiras e Illoa: 118,78 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento previo co monte de Leirado (2025_10AV) e co monte de Lagos (2025_11AV).
• MVMC Illoa: 110,84 hectáreas.
Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento efectuado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.
Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 1 de xullo de 2025
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
