DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 16 de xullo de 2025 Páx. 40172

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Roca

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Marcial Ventín Montero, con DNI ***9035**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Roca, por este anuncio convoco o vindeiro día 11 de agosto de 2025, na Casa do Pobo da Roca (Ponte Caldelas-Pontevedra), ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Informacións varias.

3. Estado de contas.

4. Facultar a Xunta Directiva para a solicitude e a xestión de subvencións ou axudas en nome da comunidade.

5. Rogos e dúbidas.

Ponte Caldelas, 24 de xuño de 2025

Marcial Ventín Montero
Presidente da Comunidade de Usuarios de Roca