DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 16 de xullo de 2025 Páx. 40171

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2025, da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, pola que se notifica a resolución do expediente CED 19/2024.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada para que, se é o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, nº 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírteselle á persoa interesada que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpoñer un recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución obxecto de recurso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana

ANEXO

Expediente: CED 19/2024.

Nome e apelidos: Patricia Maya Maya.

DNI: ***5286**.