A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante a Resolución do 5 de xuño de 2025 nomeou funcionarios de carreira deste concello a:
– Luís Carballa Gómez, con DNI ***2331**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Manuel Vicente Caamaño, con DNI ***2171**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Roberto Sousa Duarte, con DNI ***7759**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Sergio Bugallo Garrido, con DNI ***1201**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– José Caramés Nogueira, con DNI ***1785**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Andrés Sanmartín Otero, con DNI ***0227**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente con arranxo a dereito.
Pontevedra, 18 de xuño de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
