Procedemento: expediente de expropiación.
Expediente: 2024/U040/000008.
De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 27 de xuño de 2025, mediante Resolución da Alcaldía 1823/2025, foi aprobado o proxecto de obras denominado Regularización viaria das rúas República do Salvador, Nicaragua, Cuba, Honduras, Costa Rica e Cidade de Montevideo, polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Alejandro Peña López, e inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) para a obtención dos bens e dereitos afectados polo devandito proxecto.
Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública, por un período dun mes, o referido proxecto de expropiación, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio, como a fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
|
Nº |
Referencia catastral |
Titular catastral |
Sp. total (m2) |
Exprop. def. (m2) |
|
1 |
9850401NH3995S0001QK |
Pan Campos, José (herdeiros de) |
172,00 |
20,00 |
|
2 |
9850402NH3995S0001PK |
Pan Campos, José (herdeiros de) |
219,00 |
7,00 |
|
3 |
9850429NH3995S0001GK |
Pan Campos, José (herdeiros de) |
91,00 |
1,00 |
|
4 |
9850424NH3995S0001HK |
Iglesias Martínez, Fernando |
618,00 |
65,00 |
|
5 |
9850423NH3995S0001UK |
Iglesias Rodríguez, María Juana |
610,00 |
37,00 |
|
6 |
9751105NH3995S0001GK |
Descoñecido |
76,00 |
1,00 |
|
7 |
9751106NH3995S0001QK |
Iglesias Vázquez, María del Carmen, Iglesias Vázquez, Antonio Arsenio, Iglesias Vázquez, Arsenio e Iglesias Vázquez, Pablo Jenaro |
133,00 |
5,00 |
|
8 |
9751107NH3995S0001PK |
Iglesias Vázquez, María del Carmen, Iglesias Vázquez, Antonio Iglesias Vázquez, Arsenio e Iglesias Vázquez, Pablo Jenaro |
138,00 |
13,00 |
|
9 |
9750903NH3995S0001QK |
Suárez Santos, Vanesa María e Santos Pena, María Milagros |
163,00 |
11,00 |
Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva esta de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 30 de xuño de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural
