DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 16 de xullo de 2025 Páx. 40164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 30 de xuño de 2025 polo que se notifica a resolución de recurso potestativo de reposición previo á reclamación económico-administrativa.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, por non resultar factible efectuar a notificación no domicilio logo de dous intentos, emprázase mediante este anuncio a Andrés Manuel Álvarez Fuentes para ser notificado por comparecencia.

A resolución do recurso foi emitida pola Dirección de Portos de Galicia en tanto que órgano competente por aplicación do establecido no artigo 225 da Lei xeral tributaria, logo de presentación do recurso polo obrigado tributario.

A comparecencia se deberá de efectuar no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ante a Dirección de Portos de Galicia, con enderezo na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Transcorrido o prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia