DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 16 de xullo de 2025 Páx. 40162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de xullo de 2025, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fai pública a notificación de resolución de expediente de reclamación de danos (expediente RD/PO-063/2024 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica en expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia do/da interesado/a, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 2 de xullo de 2025

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-063/2024

Miguel Hermida Creo

Resolución de expediente

PO-550 (Cambados-A Lanzada)

RD/PO-091/2024

Vicente Fontenla García

Resolución de expediente

VG-4.8 (Campañó-Mosteiro de Poio)