De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselle a Aurelia Rey, Carmen Casanova Sixto, Dorbelina Blanco Arosa e aos herdeiros de Dorinda López Landeira a interposición do recurso contencioso-administrativo P.O. 101/2025 contra a Resolución do 20 de febreiro de 2025, ditada pola Presidencia de Augas de Galicia, desestimatoria do recurso de alzada núm. RA/AG/CIM/2024/00055, e contra a Resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección de Augas de Galicia, ditada no expediente DH.S15.87765.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar a cita previa no correo electrónico xuridico.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 16 32 e 981 54 59 35.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
