DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40292

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU985G).

BDNS (Identif.): 830593.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/830593

Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Modifícase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 18 de agosto de 2025, polo que resulta ampliado o prazo regulado no artigo 10.2 das bases reguladoras da citada resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia