Antecedentes:
1. O 25.6.2025 emitiuse a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A/2020/029).
2. Con posterioridade á publicación da dita resolución no DOG núm. 128, do 7 de xullo de 2025, detectouse un erro material na táboa adxunta no anexo 1, consistente nun desprazamento das columnas que afecta datos publicados nelas.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. De acordo co artigo 109, número 2, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, permite «rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia das persoas interesadas, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar a Resolución do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A/2020/029), para rectificar os erros materiais existentes.
Incorpórase como anexo a versión correcta e corrixida da Resolución do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A/2020/029).
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Resolución do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L. (expediente IN408A/2020/029).
Unha vez examinado o expediente iniciado por solicitude de Naturgy Renovables, S.L. en relación coa declaración de utilidade pública do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 14.2.2020 a promotora, Naturgy Wind, S.L.U., presentou unha solicitude de autorización administrativa para a modificación das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación do proxecto denominado parque eólico Monte Redondo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, consistente, en forma xeral, na retirada das actuais infraestruturas (cunha potencia total de 49,50 MW repartida en 66 aeroxeradores de 750 kW de potencia unitaria) e na instalación de novas máquinas e infraestruturas de conexión entre elas, con redución do número de aeroxeradores a 12 unidades, aumento da dimensión e da potencia unitaria de cada un e modificación da actual subestación transformadora, mantendo a mesma potencia total instalada. O 11.12.2020 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificación substancial.
Segundo. O 17.6.2021 o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Monte Redondo (expediente IN408A/2020/029), promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. e mediante a Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Monte Redondo (expediente IN408A/2020/029, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
Terceiro. Mediante o Acordo do 16 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, sométense a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Redondo, no concello de Vimianzo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/29).
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia do 26 de agosto de 2021. Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios do concello afectado (Vimianzo) e nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (actualmente Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático).
Cuarto. Vista a sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión na vía de casación pola Xunta de Galicia, con base ao principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, someteuse de novo a información pública, durante o prazo de trinta (30) días, a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Redondo, no concello de Vimianzo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/29), da Xefatura Territorial da Coruña.
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia do 28 de marzo de 2022. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios do concello afectado (Vimianzo) e nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.
Quinto. Mediante a Resolución do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Monte Redondo, a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Redondo, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. ( IN408A/2020/029).
Sexto. O 2.9.2024 a Xefatura Territorial da Coruña emitiu informe en que indicaba que o parque eólico Monte Redondo Repotenciación non afecta ningún dereito mineiro vixente na provincia da Coruña e que non procede, polo tanto, en termos da vixente normativa en materia de minas, trámite de compatibilidade ningún.
Sétimo. O 4.9.2024 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu o certificado de aproveitamentos de masas forestais emitido polo Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural da Coruña o 30.8.2024.
Neste certificado indícase: «segundo os datos que constan nas bases de datos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a devandita infraestrutura eléctrica pode afectar os montes veciñais en man común seguintes: (1) Carantoña e Tras do Ceán (CMVMC de Carantoña), (2) Montecelos, (3) Coto da Gándara, (4) Brives, (5) As Curutas, Corneda, As Lavarqueiras, Fiais, O Peón da Roca (CMVMC de Valiña), (6) As Fontes Doces, Relleiras de Lavarqueiras, Fiais e Devesa de Corneda (CMVMC da Toxa), (7) Relleira de Sobreiros e Costa das Pasantes, Prado das Porfías, Costa de Cova Ladróns, Relleira de Corneda e Campo de Monteira de Riba (CMVMC das Pasantes), (8) Ogas e (9) Cures e Mouzo, así como o monte Carantoña, pertencente ao Catálogo de montes de utilidade pública (número 384)».
Oitavo. O 28.10.2024 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (A Gándara, Brives, Valiña, Cures-Mouzo, Montecelo, Ogas, Pasantes, A Toxa e Carantoña), e concedeulles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas. Durante o trámite de audiencia presentáronse alegacións, que foron remitidas e contestadas pola promotora.
Noveno. O 20.12.2024 a promotora solicitou o recoñecemento como non substancial dunha modificación do proxecto do parque eólico.
Décimo. O 16.1.2025 a promotora achegou unha relación de bens e dereitos afectados (RBDA) actualizada, para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monte Redondo. Nesta documentación introducíronse cambios na relación de bens e dereitos afectados sometida inicialmente a información pública (DOG núm. 60, do 28 de marzo de 2022), relativos á titularidade e/ou ás afeccións sobre algunhas das parcelas.
En consecuencia, o 7.2.2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático notifica os titulares das novas parcelas afectadas a que fai referencia o antecedente de feito anterior. Unha vez rematado o prazo do trámite de audiencia, non se presentaron alegacións por parte das persoas interesadas.
Mediante o Anuncio do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, notifícanselle a unha persoa interesada as modificacións na relación de bens e dereitos afectados da declaración de utilidade pública do parque eólico Monte Redondo Repotenciación (expediente IN408A 2020/029), de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma. Esta notificación publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 83, do 2 de maio de 2005, e no taboleiro de edictos único (TEU) núm. 112, do 9 de maio, sen que se presentase ningunha alegación.
Décimo primeiro. Mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, recoñécese como non substancial unha modificación do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, situado no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (IN408A/2020/029).
Décimo segundo. O 3.3.2025 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu o certificado actualizado sobre a existencia de autorizacións ou título habilitante de aproveitamentos, concorrentes no espazo territorial proxectado na modificación non substancial do parque eólico Monte Redondo, no concello de Vimianzo (A Coruña), emitido polo Servizo de Montes da Coruña o 28.2.2025.
Décimo terceiro. O 12.3.2025 a promotora, en resposta ao certificado de aproveitamentos forestais indicado no antecedente de feito anterior, presenta os contratos ratificados e asinados polos representantes habilitados de cada unha das nove comunidades veciñais de Montes de Man Común (A Gándara, Brives, Valiña, Cures-Mouzo, Montecelo, Ogas, Pasantes, A Toxa e Carantoña).
Décimo cuarto. O 12.3.2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación Forestal un informe en relación coa compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Monte Redondo Repotenciación, na provincia da Coruña, e remitiu para os efectos do informe os contratos da promotora coas comunidades veciñais de montes de man común.
Décimo quinto. O 28.3.2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Propiedade Forestal un informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña do 27.3.2025 en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que se informaba favorablemente sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, condicionada a que previamente ao inicio das actuacións sobre o terreo se cumpra o establecido no artigo 43 do Regulamento de montes veciñais, con respecto aos acordos referidos a actos de disposición, e no artigo 55 do devandito regulamento sobre o rexistro dos actos de disposición, así como o disposto na Orde do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que se convocan para o ano 2017.
Décimo sexto. O 11.4.2025 a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña un informe do 10.4.2025 en relación co artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que conclúe indicando: «non se atoparon limitacións á constitución de servidumes a que se fai referencia no artigo 161 do Real decreto 1955/2000».
Décimo sétimo. O 22.4.2025 Naturgy Renovables, S.L. comunica que non desexan continuar co trámite de utilidade pública sobre a superficie afectada nas parcelas pertencentes ás comunidades de montes afectadas ao existir os correspondentes acordos amigables con cada unha delas. Xunto con este escrito presentan os correspondentes acordos asinados con cada unha das anteditas comunidades de montes. Esta resposta remitiulla, así mesmo, a promotora á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o 11.4.2025.
Décimo oitavo. O 5.6.2025 a promotora achegou unha relación de bens e dereitos afectados (RBDA) actualizada para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monte Redondo. Nesta documentación presentan unha actualización sobre as parcelas coas cales acadou acordo, as parcelas desafectadas e as parcelas que finalmente son obxecto de continuar co trámite de declaración de utilidade pública.
Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito:
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no que proceda, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. De acordo co artigo 55.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, deberá incluír unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que o solicitante considere de necesaria expropiación. No mesmo sentido, o artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, exixe que a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, inclúa unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos «sobre os cales non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación».
Cuarto. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Quinto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
1. No caso de alegacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, para os efectos previstos no artigo 52, número 3, da Lei de expropiación forzosa.
Sexto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, coas CMVMC da Gándara, Brives, Valiña, Cures-Mouzo, Montecelo, Ogas, Pasantes, A Toxa e Carantoña, o 28.3.2025 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remítelle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña do 27.3.2025, que se transcribe a continuación.
No informe do Departamento Territorial da Coruña indican:
«Deberanse tramitar os correspondentes actos de disposición conforme o previsto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e máis concretamente no título II do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común. En particular:
– O artigo 43 do Regulamento de montes veciñais, número 1 «A aprobación, reforma ou revogación dos estatutos, así como os acordos referidos a actos de disposición, correspóndenlle á asemblea xeral, e requírese a convocatoria expresa e o voto favorable da maioría dos presentes que represente polo menos o 50 % do censo de comuneiros en primeira convocatoria e o 30 % na segunda».
Así, atendendo a todo o anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do proxecto co aproveitamento forestal condicionada a que previamente ao inicio das actuacións sobre o terreo se cumpra o establecido no artigo 43 do Regulamento de montes veciñais, respecto aos acordos referidos a actos de disposición, e no artigo 55 do devandito regulamento sobre o rexistro dos actos de disposición, así como o disposto na Orde do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que se convocan para o ano 2017».
Sétimo. O artigo 151 do Real decreto 1555/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica indica: «En calquera momento, o solicitante da declaración de utilidade pública poderá convir libremente cos titulares dos bens e dereitos necesarios a adquisición por mutuo acordo destes. Este acordo, no momento de declararse a utilidade pública da instalación, adquirirá a natureza e efectos previstos no artigo 24 da Lei de expropiación forzosa e causará, polo tanto, a correspondente conclusión do expediente expropiatorio. Nestes supostos, o beneficiario da declaración de utilidade pública poderá, de ser o caso, solicitar da autoridade competente a aplicación do mecanismo establecido no artigo 59 do Regulamento de expropiación forzosa».
O 22.4.2025 Naturgy Renovables, S.L. comunica que non desexa continuar co trámite de utilidade pública sobre a superficie afectada nas parcelas pertencentes ás comunidades de montes afectadas ao ter acordos con todas elas, segundo o indicado no antecedente de feito décimo sétimo.
Tendo en conta o previsto no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e especificamente no artigo 151 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa citados, e constatada a existencia dos acordos con todas comunidades de montes afectadas, procede aceptar a renuncia presentada voluntariamente por Naturgy Renovables, S.L. e, en consecuencia, non declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados. A aceptación desta renuncia voluntaria da promotora non implica en ningún caso unha comprobación da legalidade dos acordos ao ser responsabilidade exclusiva da promotora o cumprimento dos requisitos legais aplicables a eles e, en particular, os requisitos exixibles aos actos de disposición que afecten os montes veciñais indicados no informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña do 27.3.2025 remitido o 28.3.2025 pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, que consta no fundamento quinto e que foi remitido a Naturgy Renovables, S.L. o 2.4.2025.
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Monte Redondo Repotenciación, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I desta resolución.
Segundo. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela 11, de xullo de 2025. Paula Uría Traba, directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
ANEXO 1
Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Monte Redondo Repotenciación
|
Parcela |
Afeccións (m2) |
|||||||||||
|
Nº |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Apelidos e nome |
Pleno domino |
Serv. de paso |
Ocupac temp. |
|||||
|
Concello |
Pol. |
Parcela |
Cim. |
Plat. |
Vía |
Gabia |
Serv. de voo |
|||||
|
22 |
Vimianzo |
32 |
1 |
Monte Santa |
Matogueira |
De la Fuente Rodríguez, Juan Manuel |
1.271 |
403 |
||||
|
27 |
Vimianzo |
30 |
750 |
Prado Carrofeito |
Piñeiro |
Pérez Lemus, Margarita |
1.096 |
36 |
576 |
|||
|
28 |
Vimianzo |
30 |
749 |
Prado Carrofeito |
Matogueira |
Pérez Lemus, José |
271 |
21 |
225 |
|||
|
29 |
Vimianzo |
30 |
748 |
Prado Carrofeito |
Matogueira |
Mouzo Albores, José Manuel e outros |
887 |
54 |
1.578 |
243 |
||
|
30 |
Vimianzo |
30 |
747 |
Prado Carrofeito |
Matogueira |
Mouzo Albores, José Manuel e outros |
380 |
23 |
3.185 |
|||
|
31 |
Vimianzo |
30 |
746 |
Prado Carrofeito |
Matogueira |
Mouzo Albores, José Manuel e outros |
240 |
741 |
78 |
5 |
1.738 |
|
|
34 |
Vimianzo |
30 |
730 |
Carro Feito de Arriba |
Matogueira |
Descoñecido (Fiscalía Provincial da Coruña) |
11 |
|||||
|
35 |
Vimianzo |
30 |
745 |
Estivada Pereira de |
Matogueira |
Alvite Mouzo, Manuel |
398 |
110 |
||||
|
36 |
Vimianzo |
30 |
744 |
Estivada Pereira de |
Matogueira |
Muebles González Cundíns, S.L. |
2.343 |
|||||
|
37 |
Vimianzo |
30 |
743 |
Estivada Pereira de |
Matogueira |
Gómez Olveira, Dolores |
21 |
|||||
|
48 |
Vimianzo |
15 |
258 |
Gándaras de Calo |
Piñeiro |
Martínez Mouzo, Ricardo |
168 |
48 |
||||
|
58 |
Vimianzo |
15 |
256 |
Cotillón |
Eucaliptal |
Blanco López, Delfina |
95 |
42 |
186 |
|||
|
61 |
Vimianzo |
15 |
253 |
Cotillón |
Eucaliptal |
Ageitos Mouzo, José, hdros. de |
15 |
35 |
||||
|
66 |
Vimianzo |
15 |
4 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Descoñecido (Fiscalía Provincial da Coruña) Martínez Santos, Manuel Amador |
102 |
13 |
390 |
|||
|
67 |
Vimianzo |
15 |
270 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Santos Alves, Carlinda |
3 |
33 |
||||
|
68 |
Vimianzo |
15 |
269 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Gándara Santos, Marcos |
11 |
31 |
||||
|
69 |
Vimianzo |
15 |
268 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Miñones Antelo, Manuel |
26 |
35 |
||||
|
70 |
Vimianzo |
15 |
267 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Santos Alves, Carlinda |
41 |
32 |
||||
|
71 |
Vimianzo |
15 |
266 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Miñones Antelo, Manuel |
50 |
34 |
||||
|
72 |
Vimianzo |
15 |
265 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Gándara Santos, Marcos |
49 |
36 |
||||
|
73 |
Vimianzo |
15 |
264 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Santos Alves, Generosa |
42 |
39 |
||||
|
74 |
Vimianzo |
15 |
263 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Santos Alves, Julio |
41 |
42 |
||||
|
75 |
Vimianzo |
15 |
262 |
Cova dos Ladróns |
Piñeiro |
Santos Alves, Carlinda |
104 |
92 |
||||
|
80 |
Vimianzo |
16 |
208 |
Cova dos Ladróns |
Eucaliptal |
Vázquez Mouzo, José |
48 |
|||||
|
81 |
Vimianzo |
16 |
237 |
Cova dos Ladróns |
Eucaliptal |
Vázquez Mouzo, Cándido |
65 |
|||||
|
82 |
Vimianzo |
16 |
207 |
Cova dos Ladróns |
Eucaliptal |
Pérez Trillo, Esperanza |
90 |
|||||
|
83 |
Vimianzo |
16 |
181 |
Corneda |
Matogueira |
Lavandeira Gándara, Filomena |
638 |
691 |
||||
|
84 |
Vimianzo |
16 |
182 |
Corneda |
Matogueira |
Lavandeira Anido, Dosinda |
524 |
238 |
||||
|
86 |
Vimianzo |
16 |
180 |
Corneda |
Matogueira |
Toja Lavandeira, Amparo |
87 |
16 |
64 |
|||
|
88 |
Vimianzo |
16 |
184 |
Corneda |
Matogueira |
García González, Carmen |
195 |
48 |
144 |
|||
|
94 |
Vimianzo |
16 |
177 |
Corneda |
Matogueira |
Pérez García, María |
532 |
88 |
114 |
|||
|
103 |
Vimianzo |
16 |
144 |
Penedos |
Piñeiro |
Lema Oreiro, Manuel |
88 |
|||||
|
108 |
Vimianzo |
16 |
203 |
Cruz de San Vello |
Piñeiro |
Insua Lema, Vicente |
3 |
|||||
|
113 |
Vimianzo |
16 |
213 |
O Peón da Roca |
Matogueira |
Carril Pedreira, Delfín |
71 |
524 |
||||
|
114 |
Vimianzo |
16 |
210 |
O Peón da Roca |
Matogueira |
Olveira Pedreira, Elena |
3 |
43 |
||||
|
115 |
Vimianzo |
16 |
214 |
O Peón da Roca |
Matogueira |
Díaz Castiñeira, José |
14 |
107 |
||||
|
118 |
Vimianzo |
15 |
67 |
As Lavarqueiras |
Eucaliptal |
Castiñeira Oreiro, Francisco |
714 |
|||||
|
125 |
Vimianzo |
16 |
197 |
Cruz de San Vello |
Matogueira |
Lema Oreiro, Consuelo |
34 |
|||||
|
126 |
Vimianzo |
16 |
188 |
Cruz de San Vello |
Matogueira |
Rodríguez Lema, Manuel |
161 |
|||||
|
129 |
Vimianzo |
16 |
164 |
Fiais |
Matogueira |
Valiña Lavandeira, Filomena |
109 |
60 |
||||
|
130 |
Vimianzo |
16 |
163 |
Fiais |
Matogueira |
Valiña Lavandeira, Consuelo |
108 |
54 |
||||
|
131 |
Vimianzo |
16 |
162 |
Fiais |
Matogueira |
Valiña Lavandeira, Antonio |
83 |
66 |
||||
|
132 |
Vimianzo |
16 |
161 |
Fiais |
Matogueira |
Valiña Santos, Antonio |
19 |
70 |
||||
|
134 |
Vimianzo |
16 |
159 |
Fiais |
Matogueira |
Insua Lema, Vicente |
25 |
28 |
||||
|
146 |
Vimianzo |
16 |
127 |
Borrallas |
Piñeiro |
Suárez González, Manuel |
9 |
|||||
|
155 |
Vimianzo |
17 |
342 |
Monte Maior |
Matogueira |
Mourelle Ordóñez, Juan |
1 |
|||||
|
156 |
Vimianzo |
17 |
341 |
Monte Maior |
Matogueira |
Posé Bermúdez, Manuel |
16 |
|||||
|
157 |
Vimianzo |
17 |
340 |
Monte Maior |
Matogueira |
Pose Bermúdez, José |
4 |
|||||
|
159 |
Vimianzo |
17 |
338 |
Monte Maior |
Matogueira |
Vecino Valiña, Manuel |
7 |
62 |
||||
|
160 |
Vimianzo |
17 |
337 |
Monte Maior |
Matogueira |
Cundíns Vilar, Vicente |
15 |
110 |
||||
|
161 |
Vimianzo |
17 |
336 |
Monte Maior |
Matogueira |
Miñones Lema, Aurea |
11 |
83 |
||||
|
162 |
Vimianzo |
17 |
335 |
Monte Maior |
Matogueira |
Bermúdez Torrado Ovidio, hros. |
9 |
72 |
||||
|
163 |
Vimianzo |
17 |
334 |
Monte Maior |
Matogueira |
Vilar Lema, Carmen Dolores |
10 |
76 |
||||
|
164 |
Vimianzo |
17 |
333 |
Monte Maior |
Matogueira |
Grillo Andújar, José |
9 |
71 |
||||
|
165 |
Vimianzo |
17 |
332 |
Monte Maior |
Matogueira |
Tirllo Ogando, M. Consuelo |
8 |
59 |
||||
|
166 |
Vimianzo |
17 |
331 |
Monte Maior |
Matogueira |
Soto Fernández, José |
5 |
41 |
||||
|
167 |
Vimianzo |
17 |
330 |
Monte Maior |
Matogueira |
Rodríguez Lema, Manuel |
5 |
38 |
||||
|
168 |
Vimianzo |
17 |
329 |
Monte Maior |
Matogueira |
Lavandeira Pérez, José |
5 |
38 |
||||
|
169 |
Vimianzo |
17 |
328 |
Monte Maior |
Matogueira |
Monterroso Pereiro, Irene Carmen |
5 |
34 |
||||
|
170 |
Vimianzo |
17 |
327 |
Monte Maior |
Matogueira |
Pose Vázquez, Purificación |
5 |
35 |
||||
|
171 |
Vimianzo |
17 |
326 |
Monte Maior |
Matogueira |
Soto Fernández, José |
5 |
39 |
||||
|
172 |
Vimianzo |
17 |
325 |
Monte Maior |
Matogueira |
Costa Rey, María |
4 |
29 |
||||
|
173 |
Vimianzo |
17 |
324 |
Monte Maior |
Matogueira |
Ferreiro Ramos, Consuelo |
5 |
39 |
||||
|
174 |
Vimianzo |
17 |
323 |
Monte Maior |
Matogueira |
Mouzo Torrado, Dolores |
5 |
34 |
||||
|
175 |
Vimianzo |
17 |
322 |
Monte Maior |
Matogueira |
Miñones Lema, Aurea |
6 |
43 |
||||
|
176 |
Vimianzo |
17 |
321 |
Monte Maior |
Matogueira |
Pose Feal, Juan |
6 |
48 |
||||
|
177 |
Vimianzo |
17 |
320 |
Monte Maior |
Matogueira |
Soto Fernández, José |
6 |
42 |
||||
|
178 |
Vimianzo |
17 |
319 |
Monte Maior |
Matogueira |
Costa Castiñeira, Juan José |
5 |
38 |
||||
|
179 |
Vimianzo |
17 |
318 |
Monte Maior |
Matogueira |
Vecino Valiña, Manuel |
6 |
42 |
||||
|
180 |
Vimianzo |
17 |
317 |
Monte Maior |
Matogueira |
Soto Fernández, José |
10 |
75 |
||||
|
181 |
Vimianzo |
17 |
316 |
Monte Maior |
Matogueira |
Cundíns Bello, José |
9 |
65 |
||||
|
182 |
Vimianzo |
17 |
315 |
Monte Maior |
Matogueira |
Ferreiro Ramos, Consuelo |
97 |
726 |
||||
|
183 |
Vimianzo |
17 |
292 |
Portela Borrallas |
Matogueira |
Miñones Lema, Francisco e outros |
171 |
1.281 |
||||
|
184 |
Vimianzo |
16 |
14 |
Borrallas |
Piñeiro |
Vázquez Santos, Carmen Esperanza |
288 |
|||||
|
191 |
Vimianzo |
16 |
1 |
Fieiteira |
Matogueira |
Carril Pedreira, Delfín |
2.237 |
374 |
350 |
939 |
872 |
|
|
195 |
Vimianzo |
17 |
236 |
O Peón |
Matogueira |
Mouzo Vaiña, M. Gloria |
5 |
|||||
|
196 |
Vimianzo |
17 |
237 |
O Peón |
Matogueira |
Villar Bermúdez, Cándido e outros |
898 |
|||||
|
197 |
Vimianzo |
17 |
238 |
O Peón |
Matogueira |
Rial Andrade, M. Rosalía |
1.022 |
|||||
Afeccións do parque eólico en metros cadrados (m2):
• Superficie de pleno dominio:
– Cimentación (cim.): cimentación do aeroxerador.
– Plataforma (plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.
– Torre (torre.): torre meteorolóxica.
• Servidume de paso:
– Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.
• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (voo aéreo).
• Outras afeccións:
– Ocupación temporal (ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.
