DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 12 de xuño de 2025, relativa a instalacións eléctricas no concello de Rairiz da Veiga (expediente IN407A 2025/007-3).

Pola Resolución do 12 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, varias instalacións eléctricas no concello de Rairiz da Veiga (expediente IN407A 2025/007-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas titulares do predio que no anexo se relaciona para ser notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 1 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/007-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA ALL803 no tramo entre os apoios núm. 95-63-21-11 e núm. 95-63-21-15.

Situación: lugar de Rosén, concello de Rairiz da Veiga.

Predio núm. en proxecto: 2.

Referencia catastral: 32068A021009290000PI.

Lugar: Agro.

Cultivo: prado.

Titular: Rosa Gómez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 95-63-21-14.