Antecedentes.
Mediante a Resolución do 28 de marzo de 2022, da entón Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, declarouse a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García.
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado suplemento núm. 102, do 29.4.2022 (ID: N2200508957), no Diario Oficial de Galicia núm. 72, do 13 de abril, na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vedra e Oleiros.
Advertido erro na transcrición do número do documento nacional de identidade da causante do punto primeiro da resolución, cómpre a súa debida corrección.
Fundamentos xurídicos.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, artigo 109.2.
– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar a Resolución do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se declarou a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García, no punto primeiro do seu «resolvo», de xeito que, onde di erroneamente:
«Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García, con DNI33272378L, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario».
Debe dicir:
«Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Benedicta Álvarez García, con DNI: 33272348L, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario».
Segundo. Publicar esta resolución de modificación no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de patrimonio, anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a trinta días, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vedra e Oleiros.
Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados por esta resolución nos seus dereitos de carácter civil poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
