En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada Costal Vello número 147, presentada polo titular Canteras de Muro, S.L. A dita explotación mineira está situada no termo municipal de Láncara, na provincia de Lugo.
O que se fai público, facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, están á disposición do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/
en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 9 de xullo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
