DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/440-1).

Expediente: IN407A 2023/440-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforma LMT CRN708 entre apoio ARCDPK6P//62 e ARMT6UQG//78.

Concello: Valdoviño.

1. Características técnicas:

Realización das seguintes modificacións na LMT CRN708A de 15 kV:

• Modificación na liña de media tensión aérea (LMTA) existente entre os apoios ARCDPK6P//62 (A no proxecto) e ARFRP7kB//68 (B no proxecto) consistente na substitución do condutor existente por LA-110 (443 m) e a substitución de 3 apoios existentes, mantendo a traza actual da liña.

• Modificación na liña de media tensión aérea (LMTA) existente entre os apoios ARFRP7kB//68 (B no proxecto) e ARJU64IH//75 (D no proxecto) mediante o seu soterramento. O novo tramo de liña ten as seguintes características: liña de media tensión soterrada, coa súa orixe nun paso de aéreo a soterrado (PAS) para realizar no apoio ARFRP7kB//68 (B no proxecto) e final noutro PAS para realizar no apoio ARJU64IH//75 (D no proxecto) despois de facer entrada e saída no CT proxectado, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) Al e de 1047 m de lonxitude. O tramo de LMTA existente desmantélase.

• Modificación na LMTA existente entre os apoios ARJU64IH//75 (D no proxecto) e ARMT6UQG//78 (E no proxecto) consistente na substitución do condutor existente por LA-110 (253,2 m) e a substitución dun apoio existente, mantendo a traza actual da liña.

• Substitución do centro de transformación San Bartolomé (15CIA9) de 160 kVA, por un novo CT de superficie, compacto de manobra exterior, con configuración de celas 2L+1P (illamento SF6), 250 kVA e relación de transformación 15/0,4 kV. O actual CT San Bartolomé será desmantelado.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 26 de xuño de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Valdoviño

Nº predio

Lugar/ref. catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Carballeira

15088A503009310000GE

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

Ángel Manuel Díaz Vogo

77.0

1.231.0

5

Carballeira

15088A503009220000GK

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

Antonio Yáñez Lamela

1

2.0

24.0

389.0

6

Carballeira

15088A503009210000GO

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

Antonio Yáñez Lamela

22.0

677.0

8

Monete

15088A503009200000GM

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

María del Carmen Beceiro Regueira

0.0

118.0

10

Monete

15088A503009110000GG

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

Patricia Lagoa Fraga

Víctor García Carneiro

66.0

1.060.0

12

Preitela

15088A503004480000GJ

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

Herdeiros de Enrique López Yáñez

4

2.0

4.0

3,3

68.0

9

16

Preitela

15088A503004700000GL

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

Bernabé López Casteleiro

0.0

5.0

17

Barreiro

15088A503004710000GT

Rústico. Agrario. Prados/pradarías

María Élida Funcasta Méndez

0.0

38.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.