DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40393

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Liñares

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral da constitución da comunidade.

Enrique Justo Garrido, veciño de Liñares, parroquia de Xesta, concello da Lama (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral a todas as persoas usuarias de augas, co fin de se constituíren en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar o 9 de agosto de 2025, ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, na Casa do Pobo, Liñares, núm. 4, coa seguinte orde do día:

1. Formar a relación nominal de persoas usuarias (nome, DNI, enderezo da vivenda e referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

3. Designación dos membros que integran a xunta de goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Liñares (A Lama), 23 de xuño de 2025

Enrique Justo Garrido
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Liñares