No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 153, do 5 de xullo de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para cubrir, como funcionario/a de carreira, unha praza de técnico/a de xestión, escala de Administración xeral, subescala de xestión, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Sarria do ano 2023.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es
Sarria, 5 de xullo de 2025
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde
