DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión.

Na Resolución da Alcaldía 2025-365, do 9 de xuño de 2025, prestouse aprobación ás bases e á convocatoria para a selección dunha praza de técnico/a de xestión.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 137, do 17 de xuño de 2025, publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria e selección, en réxime de funcionario de carreira, dunha praza vacante de técnico/a de xestión do Concello de Alfoz (OEP 2025), con lista de agarda, polo procedemento de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Alfoz, 20 de xuño de 2025

Efigenia Maseda Paz
Alcaldesa