DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40544

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 132, do 11 de xullo de 2025, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no anexo II, na páxina 38869:

Onde di:

«ACTUACIÓNS PARA AS CALES SE SOLICITA SUBVENCIÓN (campo obrigatorio)

Deberán identificarse de acordo coas liñas establecidas no artigo 3 da orde e coas actuacións e programas detallados no anexo I da dita orde. Cada entidade soamente poderá presentar, como máximo, un programa por cada unha das liñas especificadas. O máximo para solicitar na liña II será de 50.000 euros, nas liñas III e IV será de 10.000 euros, e na liña V será de 100.000 euros. Non se establece máximo no caso da liña I».

Debe dicir:

«ACTUACIÓNS PARA AS QUE SE SOLICITA SUBVENCIÓN (campo obrigatorio)

Deberán identificarse de acordo coas liñas establecidas no artigo 3 da orde e coas actuacións e os programas detallados no anexo I. Cada entidade poderá presentar, como máximo, un programa por cada unha das liñas especificadas, cun máximo de dúas liñas, ou tres no caso de que un deles se presente na liña I. A contía máxima para solicitar nas liñas I, II e V será de 50.000 euros, e nas liñas III e IV será de 10.000 euros».