En sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2025 e logo da estimación do recurso de alzada presentado por María García-Malvar Suárez contra a Resolución do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 204, do 22 de outubro), o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio),
RESOLVE:
Primeiro. Modificar a Resolución deste tribunal do 21 de outubro de 2024 pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 204, do 22 de outubro), con relación á puntuación asignada a María García-Malvar Suárez (***6054**) no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), aspirante aprobada no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, para os únicos efectos de desempate.
Segundo. Como consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo desta persoa para os únicos efectos de desempate, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada mediante Resolución deste tribunal do 20 de marzo de 2025 (DOG núm. 57, do 24 de marzo), de xeito que María García-Malvar Suárez pasa a ter o número 41 da orde de prelación en vez do número 90, e renumérase correlativamente a relación de persoas aprobadas.
A baremación definitiva obtida pola persoa indicada e a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo coa nova orde de prelación das persoas aprobadas está publicada no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
