DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40610

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina.

A Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a finalización do exercicio anterior.

O anterior exercicio realizouse o día 27 de maio de 2025.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal