DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40599

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, e na escala de arquitectos técnicos, do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o 7 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada polas resolucións do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización, derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

O 4 de xullo de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 53, Antonio Ortega Souto (DNI ***5953**), non é apta por non cumprir coa base I.2.5.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, do subgrupo A2 de persoal funcionario da Xunta de Galicia, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Este tribunal acorda facer pública como anexo I desta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, que modifica a Resolución do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025).

Cuarto. Elevar a devandita modificación da relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinto. Mediante a Resolución do 14 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización, derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de arquitectos técnicos.

O 4 de xullo de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 3, José Antonio Arias Rodríguez (DNI ***7339**), non presentou a documentación requirida.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización, derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de arquitectos técnicos do subgrupo A2 de persoal funcionario da Xunta de Galicia, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Sexto. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Sétimo. Este tribunal acorda facer pública como anexo II desta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de arquitectos técnicos, que modifica a Resolución do 14 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro).

Oitavo. Elevar a devandita modificación da relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Noveno. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para a escala
de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola

Convocatoria: A2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola (2077).

Prazas de acceso libre: 50.

Prazas de acceso da base I.1.1: 5.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos y nombre

Quenda

Puntuación

1

***3842**

García Tizón, Eugenio

Libre

100

2

***5863**

Legaspi Pedreira, José Antonio

Libre

100

3

***0667**

Fernández Rivero, José Ramón

Libre

100

4

***1628**

Nieto Pérez, Juan Carlos

Libre

99

5

***6737**

Isorna Potel, Juan José

Libre

97.5

6

***1529**

Miragaya Fernández, Aurea Caridad

Libre

97.28

7

***5989**

Quintas Borrajo, José Alberto

Libre

95

8

***1645**

Díaz Domínguez, Isabel Margar

Libre

94

9

***8200**

Fariña Rodríguez, Carlos

Libre

94

10

***1163**

Fiallega Vila, María Pilar

Libre

94

11

***4389**

Romero Rivera, María José

Libre

93.7

12

***2799**

Alonso Álvarez, María Ángeles

Libre

93.02

13

***8900**

González Mora, Humberto Adolf

Libre

92.7

14

***9952**

Alonso Bouza, Juan Carlos

Libre

92.5

15

***1449**

Mira Mata, Genma María

Libre

92.5

16

***7114**

Fernández Fernández, Secundino

Libre

92.5

17

***3970**

Pérez Rodríguez, Ángela

Libre

91.5

18

***1325**

Chamadoira Gómez, Javier Benito

Libre

91.5

19

***5757**

Díaz Fernández, María Lourdes

Libre

91.5

20

***1408**

Ferreiro Margaride, Juan Antonio

Libre

91.32

21

***5704**

Manso Fuentefría, Vicente

Libre

90

22

***5729**

Soto Pato, Sonia María

Libre

90

23

***1326**

Rivas Rodríguez, Amparo

Libre

89.3

24

***5774**

García López, David

Libre

87.5

25

***5138**

Vázquez Abal, Juan Carlos

Libre

87.5

26

***5799**

Moreira Céspedes, Concepción

Libre

87.5

27

***2342**

García de la Fuente, Javier

Libre

87.5

28

***9784**

Castrillo Rodríguez, María Luisa

Libre

87.5

29

***9919**

Rodríguez Varela, Gustavo Adolfo

Libre

87.5

30

***4735**

Viso Diéguez, Miguel Ángel

Libre

87.5

31

***8585**

Méndez Silva, Lucrecia

Libre

87.5

32

***2112**

Villamel Álvarez, Livia

Libre

87.5

33

***2044**

Rodríguez Méndez, Beatriz

Libre

87.5

34

***3775**

Sisto Rico, Dulce María

Libre

87.4

35

***3434**

Goyanes Cereijo, Manuel Javier

Libre

84.4

36

***9394**

Salgado Castro, María José

Libre

84.175

37

***8567**

Martínez Paino, Almudena

Libre

83.96

38

***9407**

Alija Martínez, Ana María

Libre

83.8

39

***8562**

Irago Agra, María Jesús

Libre

83.6

40

***8309**

Toba Quintáns, Dositeo

Libre

82.8

41

***5833**

Vázquez Pajarín, Concepción

Libre

82.5

42

***5618**

Martínez Martínez, Jesús

Libre

81.5

43

***4663**

Vidal Iglesias, Francisco Javier

Libre

81.4

44

***7851**

Marqués Rodríguez, Bernardo José

Libre

81.3

45

***3513**

Revuelta Seijo, María Eugenia

Libre

80.5

46

***1054**

Sancosmed Viña, María Teresa

Libre

78.2

47

***9215**

Sousa Martínez, María Jesús

Libre

76.8

48

***7349**

Caruncho Picos, Lucía

Libre

76.7

49

***2609**

Sotelo Sotelo, Manuel

Libre

75.8

50

***9122**

Miguélez Fandiño, María José

Libre

75.4

51

***4901**

Álvarez Álvarez, Marta

Libre

75.28

52

***5035**

Alonso Baña, María Pilar

Base I.1.1

73.3

53

***2973**

Arias Sierra, Álvaro

Base I.1.1

71.2

54

***9913**

Barreiro Villar, Francisco

Base I.1.1

49.44

55

***7986**

Lloves Gómez, Alberto

Base I.1.1

35.5

ANEXO II

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para a escala
de arquitectos técnicos

Convocatoria: A2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo de grao medio, escala de arquitectos técnicos (2073).

Prazas de acceso libre: 5.

Prazas de acceso da base I.1.1: 0.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos, nome

Quenda

Puntuación

1

***4388**

Carballás Dorrego, Carlos

Libre

91.5

2

***2567**

Rodríguez Baliña, Mónica

Libre

85.7

3

***7929**

González González, Julio

Libre

83.82

4

***9374**

Pacheco Etchevers, Ramón

Libre

82.28

5

***0998**

Tilve Lameiro, Beatriz Elisa

Libre

82.2