DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40597

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de abril de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Na sesión que tivo lugar o 3 de xullo de 2025, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo, realizado o 4 de xuño de 2025:

– Anular a pregunta 31, correspondente á parte teórica do cuestionario, que é substituída pola primeira pregunta de reserva para o cuestionario teórico co número 131.

– Anular a pregunta 84, correspondente á parte teórica do cuestionario, que é substituída pola segunda pregunta de reserva para o cuestionario teórico co número 132.

– Anular a pregunta 111, correspondente ao primeiro suposto da parte práctica do cuestionario, que é substituída pola primeira e única pregunta de reserva para este primeiro suposto da parte práctica co número 137.

– Anular a pregunta 115, correspondente ao primeiro suposto da parte práctica do cuestionario. Ao non haber máis preguntas de reserva para este primeiro suposto da parte práctica, reducir o número de preguntas válidas deste primeiro exercicio de 130 a 129.

– Desestimar na súa totalidade o resto de reclamacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 27 de maio de 2025, publicados no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do primeiro exercicio, dado que o número de aspirantes é de 8 (resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas), superan o exercicio as persoas que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para isto, é necesario acadar 51,6 respostas correctas, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria. O exercicio cualificouse de 0 a 30 puntos e, para superalo, foi necesario obter un mínimo de 15 puntos. Asignouse a valoración de 15 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas tiveron unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de dous (2) aspirantes.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, os resultados obtidos polas persoas aspirantes con relación ao primeiro exercicio deste proceso.

Así mesmo e segundo a dita base, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal