DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40589

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 16 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2025 (código de procedemento MR302B).

A resolución desta axencia do 16 de abril de 2025 (publicada no DOG do 25 de abril) establece o marco das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e convoca as do exercicio orzamentario de 2025 (procedemento MR302B).

As axudas convocadas consisten en subvencións para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, ou acollidos á produción ecolóxica a que se refire o capítulo IV do mesmo título da dita lei. A concesión das subvencións, segundo establecen as bases reguladoras, efectuarase mediante concorrencia competitiva polo sistema de rateo.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 16 de abril de 2025 (publicada no DOG núm. 79, do 25 de abril), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2025 (código de procedemento MR302B). Estas axudas van con cargo á aplicación orzamentaria 15.A2.713D.781.0, código de proxecto 2011 00765, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Os beneficiarios e as contías destas axudas relaciónanse no anexo I desta resolución, e para a súa adxudicación tivéronse en conta os requisitos e criterios establecidos nos artigos 4 e 5 da convocatoria. Os gastos atendibles para cada expediente son os que figuran no anexo II.

Sinálase que para os gastos directamente relacionados coa acreditación se concede un 50 % de axuda sobre o gasto subvencionable, e para o resto de gastos, unha vez aplicado o rateo, aplicouse unha porcentaxe de axuda do 48,275 % (equivalente a un 96,55 % sobre a porcentaxe máxima de subvención, que é do 50 %) do investimento subvencionable.

Estas axudas teñen por finalidade apoiar as actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos.

Segundo. Informar do seguinte os consellos reguladores beneficiarios que figuran nos anexos desta resolución:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Resolución desta consellería do 16 de abril de 2025, que as regula e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable. Ademais, estas axudas teñen o carácter de axudas de minimis, polo que deben cumprir o establecido no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Calquera modificación que afecte esta información ou documentación achegada poderá dar lugar á modificación desta resolución, coa revogación da axuda, se for o caso.

c) Para proceder ao pagamento da subvención o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 16 de abril de 2025 e, sen superar a data límite de xustificación que se establece na letra f), presentar a seguinte documentación:

– Memoria explicativa do programa desenvolvido e xustificantes dos gastos realizados, acompañados dunha relación numerada de todos eles. No caso dos pagamentos de salarios ao persoal, presentarase copia das nóminas, RLC e RNT (antes TC1 e TC2) e o modelo 111 dos trimestres que correspondan. Presentarase tamén a documentación que acredite o pagamento dos gastos realizados (extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados). Na memoria especificaranse cales dos gastos realizados están, de ser o caso, directamente vinculados coa acreditación do consello regulador, conforme o establecido no artigo 5.3 da citada Resolución do 16 de abril de 2025.

– Declaración do beneficiario sobre calquera outra axuda de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis) solicitada ou recibida nos tres anos previos.

– Declaración do beneficiario sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos gastos, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

As declaracións sobre axudas a que se refiren os dous parágrafos anteriores presentaranse conforme o modelo de declaracións do anexo II da citada Resolución do 16 de abril de 2025 desta axencia.

d) Infórmase, ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

e) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 14 da Resolución do 16 de abril de 2025.

f) A data máxima de xustificación será o 16 de setembro de 2025.

As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I
Axudas concedidas

Número de expediente
e beneficiario

Gasto máximo atendible

Subvención

Vinculado á acreditación (€)

(número alcances)

Non vinculado á acreditación (€)

Total (€)

Para gastos vinculados á acreditación (€)

Para gastos non vinculados á acreditación tras o rateo (€)

Subvención total (€)

G-001-PCC-25

Craega

72.000,00 (7)

42.000,00

114.000,00

36.000,00

20.276,44

56.276,44

G-002-PCC-25

CR DO Monterrei

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-003-PCC-25

CR DO Rías Baixas

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-004-PCC-25

CR DO Ribeira Sacra

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-005-PCC-25

CR DO Ribeiro

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-006-PCC-25

CR DO Valdeorras

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-007-PCC-25

CR DOP Arzúa-Ulloa

0

9.441,00

9.441,00

0

4.557,85

4.557,85

G-008-PCC-25

CR DOP Cebreiro

0

1.742,05

1.742,05

0

841,01

841,01

G-009-PCC-25

CR DOP Queixo Tetilla

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-010-PCC-25

CR DOP San Simón da Costa

0

4.905,43

4.905,43

0

2.368,21

2.368,21

G-011-PCC-25

CR das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

0

42.000,00

42.000,00

0

20.276,44

20.276,44

G-012-PCC-25

CR IXP Castaña de Galicia

0

1.247,39

1.247,39

0

602,21

602,21

G-013-PCC-25

CR IXP Mel de Galicia

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

G-014-PCC-25

CR IXP Pan de Cea

0

5.364,60

5.364,60

0

2.589,88

2.589,88

G-015-PCC-25

CR IXP Pataca de Galicia

36.000,00 (3)

42.000,00

78.000,00

18.000,00

20.276,44

38.276,44

G-016-PCC-25

CR IXP Ternera Gallega e Vaca Gallega-Buey Gallego

18.000,00 (1)

42.000,00

60.000,00

9.000,00

20.276,44

29.276,44

252.000,00

484.700,47

736.700,47

126.000,00

234.000,00

360.000,00

ANEXO II
Gastos atendibles

Número de expediente

Beneficiario

Gastos subvencionables non vinculados á acreditación

Gastos subvencionables vinculados á acreditación

G-001-PCC-25

CR Agricultura Ecolóxica de Galicia

Retribucións brutas e Seguridade Social de técnicos auditores

Cota anual de renovación da acreditación UNE-EN-ISO/IEC 17065 e gastos de auditoría interna e auditoría da ENAC

Analíticas acreditadas UNE 17025

Retribucións do responsable de calidade e técnicos de control

G-002-PCC-25

CR DO Monterrei

Persoal laboral

Persoal para a colleita

Incentivos ao rendemento do panel de cata-comité de certificación

Cotas sociais do persoal contratado

Material de oficina (relacionado con tarefas de control, como organización das sesións de verificación da aptitude organoléptica)

Gastos de toma de mostras e envío

Acreditación UNE-EN-ISO/IEC 17065 e xestións relacionadas con ela

Análises químicas

G-003-PCC-25

CR DO Rías Baixas

Ferramenta informática (ERP-Exit)

Equipamentos informáticos

Ampliación de colaboración coa Universidade de Vigo na consolidación e a mellora da implantación dun sistema de xestión conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17065

Mantemento e taxas auditoría acreditación

Análises Evega

G-004-PCC-25

CR DO Ribeira Sacra

Soldo e Seguridade Social da directora técnica e auditoras

Gastos da ENAC. Auditoría de mantemento e acreditación

Gastos UVigo (GIO). Consolidación e mellora do sistema de xestión da certificación de produto acreditado por ENAC

Analíticas en laboratorio acreditado

G-005-PCC-25

CR DO Ribeiro

Gastos de persoal: nóminas de xaneiro a maio

Asesoramento UVigo para o mantemento e a mellora do sistema de xestión da certificación de produto acreditado pola ENAC (convenio 2025)

Auditoría da ENAC, cota anual de mantemento

G-006-PCC-25

CR DO Valdeorras

Gastos de persoal: soldo e Seguridade Social dos técnicos de outubro a decembro

Tarifa C-PR/332R1A1

Cota anual de mantemento

Auditoría en liña

Auditoría presencial

Uvigo: mantemento e mellora do sistema de xestión

G-007-PCC-25

CR DOP Arzúa-Ulloa

Gastos panel de cata

Auditoría da Agacal

G-008-PCC-25

CR DOP Cebreiro

Control e certificación realizados pola Agacal

G-009-PCC-25

CR DOP Queixo Tetilla

Retribucións básicas, cotas sociais, axudas de custo persoal do consello regulador

Acreditación UNE-EN-ISO/IEC 17065

Panel de cata (axudas de custo)

Analítica en laboratorio acreditado

G-010-PCC-25

CR DOP San Simón da Costa

Control e certificación realizados pola Agacal

G-011-PCC-25

CR das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Retribucións, cotas sociais, gastos de desprazamentos, peaxes e axudas de custo do persoal do consello regulador, panel de cata e comité de apelación

Material e medios precisos para o desenvolvemento do programa de control, recollida de mostras e inspeccións: gastos da compra de produto embotellado no punto de venda, análises laboratorio, gastos de teléfono, gastos do envío de mostras e documentación, material de oficina, mobiliario para almacenamento de botellas de mostras, botellas, tapóns, etiquetas, material para o desenvolvemento das catas

Material, aplicacións e programas informáticos para o procesamento, rexistro e tratamento de datos. Mantemento do programa informático

Custo servizo control e certificación realizado pola Agacal

G-012-PCC-25

CR IXP Castaña de Galicia

Control e certificación realizados pola Agacal

G-013-PCC-25

CR IXP Mel de Galicia

Gastos de persoal: nóminas, Seguridade Social e axudas de custo

Gastos de análise de laboratorio, transporte, material de control e outros

ENAC: cota de mantemento e auditoría de seguimento

Asesoramento de análise sensorial

Analíticas en laboratorio acreditado

Axudas de custo relacionadas co mantemento da acreditación

G-014-PCC-25

CR IXP Pan de Cea

Control e certificación realizados pola Agacal

G-015-PCC-25

CR IXP Pataca de Galicia

Desprazamentos de vehículo

Seguro de responsabilidade civil

Compra de produto

Soporte e material informático

Material de laboratorio

Gastos de persoal

Mantemento de acreditación de ENAC

Gastos de persoal

G-016-PCC-25

CR IXP Ternera Gallega e Vaca Gallega-Buey Gallego

Salarios e cotas sociais do persoal de control e auditorías

Cota anual de mantemento de acreditación de ENAC

Auditoría de revalidación de ENAC

Analíticas en laboratorios acreditados