DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto dun novo apoio na LMTA SDM7012699.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica dun novo apoio na LMTA SDM7012699, e dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 3 de xullo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/498-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: novo apoio na LMTA SDM7012699.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

54057A097002990000AR

Descoñecido