Expediente: IN407A 2025/017-1.
Promotora: Congalsa, S.L.
Denominación do proxecto: proxecto modificado da instalación eléctrica en media tensión dun centro de transformación de 1.000 kW para un establecemento industrial destinado á transformación, elaboración e comercialización de produtos conxelados.
Concello: A Pobra do Caramiñal.
Feitos:
1. O día 29.1.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación mencionada, co obxecto de alimentar un novo centro de transformación de 1.000 kVA.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que comprende os seguintes documentos:
• Proxecto de execución denominado Proxecto modificado da instalación eléctrica en media tensión dun centro de transformación de 1.000 kW para un establecemento industrial destinado á transformación, elaboración e comercialización de produtos conxelados, asinado o 12.2.2025 (número de visado 248/25-ST, do 12.2.2025) por José Manuel Dios Tomé, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2.166, de Santiago.
• Anexo I ao proxecto, asinado o 17.2.2025 (número de visado 248/25-ST, do 17.2.2025) polo mesmo enxeñeiro.
• Anexo II ao proxecto, asinado o 4.7.2025 (número de visado 248/25-ST, do 4.7.2025) polo mesmo enxeñeiro.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Servizo de Patrimonio Cultural como entidade afectada. A promotora manifestou a súa conformidade co dito informe. Así mesmo, presentouse licenza do Concello da Pobra do Caramiñal.
4. O día 4.7.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no parque empresarial da Tomada, parcela 16-17, no concello da Pobra do Caramiñal, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Centro de seccionamento 3L+SSAA en envolvente prefabricada.
• LMTS con orixe e fin en empalmes que se realizarán en PAR da PMR805, unha vez que entra e saia do CS proxectado, en condutor RHZ1-2OL-240 Al de 240 mm2, cunha lonxitude total de 20 metros.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta resolución só recolle as instalacións de obrigada cesión á compañía distribuidora. O resto de instalacións particulares recollidas no proxecto deberanse inscribir unha vez executadas.
5. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 7 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

