DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración presentados xunto coa solicitude de pase a concesión de explotación de 17 cuadrículas mineiras derivada do permiso de investigación de recursos da sección C) Alberta I número 4966.1.1, nos concellos de Beariz e Avión, provincia de Ourense, e A Lama, provincia de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a documentación relacionada coa solicitude de pase a concesión de explotación de 17 cuadrículas mineiras derivada do permiso de investigación de recursos da sección C) Alberta I número 4966.1.1, que se describe a seguir:

– Solicitante: Recursos Minerales de Galicia, S.A., con NIF A99435323.

– Denominación do proxecto: Mina Doade.

– Recursos: espodumena, moscovita, feldespato sódico e feldespato potásico.

– Concellos afectados: Beariz e Avión (Ourense) e A Lama (Pontevedra).

– Localización: coordenadas UTM, fuso 29 (ETRS89).

As coordenadas que definen o perímetro da concesión de explotación son as seguintes:

Vértice

Coordenadas xeográficas

Coordenadas UTM

ETRS89

ETRS89 UTM FUSO 29

Lonxitude

(W)

Latitude

(N)

UTM X

UTM Y

1

8º 20’ 45,41’’

42º 28’ 35,78’’

553.761,16

4.702.902,75

2

8º 19’ 45,41’’

42º 28’ 35,78’’

555.131,16

4.702.913,48

3

8º 19’ 45,41’’

42º 28’ 15,78’’

555.136,05

4.702.296,57

4

8º 19’ 25,41’’

42º 28’ 15,78’’

555.592,75

4.702.300,21

5

8º 19’ 25,41’’

42º 27’ 55,78’’

555.597,68

4.701.683,30

6

8º 19’ 5,41’’

42º 27’ 55,78’’

556.054,42

4.701.686,97

7

8º 19’ 5,41’’

42º 26’ 55,78’’

556.069,31

4.699.836,25

8

8º 20’ 5,41’’

42º 26’ 55,78’’

554.698,70

4.699.825,34

9

8º 20’ 5,41’’

42º 27’ 15,78’’

554.693,86

4.700.442,25

10

8º 20’ 25,41’’

42º 27’ 15,78’’

554.237,03

4.700.438,67

11

8º 20’ 25,41’’

42º 28’ 15,78’’

554.222,63

4.702.289,39

12

8º 20’ 45,41’’

42º 28’ 15,78’’

553.765,92

4.702.285,84

O proxecto Mina de Doade foi recoñecido como proxecto estratéxico europeo (PEE) por cumprir cos criterios especificados no artigo 6.1 do Regulamento (UE) 2024/1252 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de abril de 2024, polo que se establece un marco para garantir unha subministración segura e sustentable de materias primas fundamentais e polo que se modifican os regulamentos (UE) núm. 168/2013, (UE) 2018/858, (UE) 2018/1724 e (UE) 2019/1020 (en diante, CRMA).

Segundo o artigo 10 do devandito CRMA, o proxecto de explotación Mina de Doade, como PEE, contribúe á seguridade da subministración de materias primas estratéxicas na Unión Europea, polo que ten carácter prioritario, e outórganselle os seguintes dereitos e condicións favorables:

1. Ten a condición de interese público con respecto aos efectos ambientais ou obrigas recollidos no artigo 6, punto 4, e no artigo 16, punto 1, letra c), da Directiva 92/43/CEE, no artigo 4, punto 7, da Directiva 2000/60/CE e no artigo 9, punto 1, letra a), da Directiva 2009/147/CE, ou nas disposicións lexislativas da Unión sobre a restauración dos ecosistemas terrestres, costeiros e de auga doce.

2. Tramítase polo procedemento de urxencia establecido no artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade coa Resolución do 7.5.2025, do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se reducirán á metade os prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Documentación que se expón:

1. Memoria para a solicitude.

2. Proxecto de explotación (asinado o 16.1.2025, excepto os anexos 1, 9, 11 e 12, que foron asinados o 29.4.2025).

3. Proxecto da planta de concentración (asinado o 16.1.2025).

4. Plan de restauración (asinado o 17.1.2025).

5. Estudo de impacto ambiental (asinado o 16.1.2025).

6. Resumo non técnico.

O que se fai público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examinar a documentación e presentar as alegacións que consideren oportunas, no prazo de trinta (30) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de explotación e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto de explotación está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Ourense, 10 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense