Expediente: IN407A 2025/008-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CTC, RBT Faísca.
Concello: Narón.
1. Características técnicas:
– Centro de transformación compacto manobra exterior 2L+1P, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación 15000/400 V en substitución do actual CT Faísca-15 CP74 da mesma potencia que se desmantela.
– Liña eléctrica de media tensión aérea de dobre circuíto, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,051 km, condutor LA-110 mm2, con orixe en apoio existente nº D9 da LMTA DC CRN705-CRN709 e final no novo apoio proxectado nº D10 que se instalará na actual localización do CT Faísca.
– Tramo soterrado de liña da CRN709, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,082 km, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3X240 mm², con orixe no PAS para instalar en apoio proxectado nº D10 e final en empalmes para realizar na LMTS existente, despois de facer entrada e saída no CT proxectado.
– Tramo soterrado de liña da CRN705, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,023 km, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3X240 mm², con orixe no PAS para instalar en apoio proxectado nº D10 e final en empalmes para realizar na LMTS existente.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 26 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Narón
LMT, CTC, RBT Faisca
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Avda. Souto Vizoso Ref. catastral: 6167281NJ6166N0000IJ |
Prado |
María Luisa Seselle Girgado Tomás Rodriguez Palomares |
CTC |
17.0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
