Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), este departamento territorial acorda someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, o proxecto de peche e abandono e plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Gracián núm. 206, situada no concello de Castroverde, provincia de Lugo, e promovido por Áridos Besteiro, S.L.
Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo devandito proxecto poderán examinalo nas dependencias deste departamento territorial, rolda da Muralla, 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no portal da consellería: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do proxecto, cuxa autorización compete á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, ao abeiro do establecido na Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.
Lugo, 25 de xuño de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
