A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en que se require a remisión do expediente administrativo e se ordena o emprazamento das persoas interesadas en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4301/2024, interposto polo Concello de Sober contra o Decreto 168/2024, do 8 de xullo, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Sober e Monforte de Lemos, ditado pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e publicado no DOG do 18 de xullo de 2024.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de notificacións na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por se ignorar o lugar de notificación, emprázanse as persoas sinaladas no anexo para que poidan comparecer nos citados autos, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Igualmente, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, unha vez remitido por esta Secretaría Xeral Técnica o correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, notificase para xeral coñecemento de todas ás persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes
ANEXO
DNI
34245194B
34123451F
34252985M
34233666Y
34229262H
34222706V
34245660V
