DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40622

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2025 pola que se corrixen erros na Resolución do 29 de maio de 2025, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Unha vez detectados erros na Resolución do 29 de maio de 2025, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, correspondente ao corpo de profesores e profesoras titulares de universidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 112, con data do 13 de xuño de 2025, nas páxinas 33194 á 33230, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 33211, no anexo I, na descrición da praza de referencia nº 9:

Onde di: «Centro de traballo: 106 Escola Superior de Enxeñaría Informática», debe dicir: «Centro de traballo: 107 Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo».

– Na páxina 33216, no anexo II, na comisión de acceso, referencia nº 1:

Onde di: «Antonio Alberola Aguiar», debe dicir: «Antonio Alberola Aguilar».

– Na páxina 33216, no anexo II, na comisión de acceso, referencia nº 1:

Onde di: «Francisca Rodríguez Mulero-Profesora titular de universidade-Universidade de Granada», debe dicir: «Francisca Rodríguez Mulero-Profesora titular de universidade-Universidade de Murcia».

– Na páxina 33220, no anexo II, na comisión de acceso, referencia nº 8:

Onde di: «Pedro Pablo Paredes Sánchez», debe dicir: «José Pablo Paredes Sánchez».

Estas modificacións non supoñen a ampliación do prazo de presentación de solicitudes.

Vigo, 9 de xullo de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo