DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40620

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector principal (código de procedemento PR461G).

Con data do 30 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 82 a Orde do 14 de abril de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector principal (código de procedemento PR461G).

Con data do 15 de maio de 2025, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da referida convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Con data do 25 de xuño de 2025 publicouse no DOG número 120 a Resolución do 17 de xuño pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna, en que non figura ningunha persoa como excluída e se concede un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para emendas e rectificacións.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.4 da referida Orde do 14 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 14 de abril de 2025 (DOG núm. 82, do 30 de abril), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp http://agasp.xunta.gal

Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso por promoción interna, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 23 de xullo de 2025 na Agasp, ás 11.00 horas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 10 de xullo de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública