De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461G) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector/a principal, subgrupo A2, mediante a Orde do 14 de abril de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 82, do 30 de abril de 2025, e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da devandita orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461G) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector/a principal, subgrupo A2.
A Estrada, 19 de xuño de 2025
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Proceso selectivo unitario por promoción interna nos corpos de Policía Local, escala executiva, categoría de inspector/a principal
Tribunal titular:
Presidenta: María Rey Rivera, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Academia Galega de Seguridade Pública.
Vogais:
Daniel Sánchez Villaverde, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello de Arteixo.
José Manuel Duarte Solla, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello de Sanxenxo.
Juan Puente Rapela, inspector principal do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.
Tribunal suplente:
Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Secretaria: María Barrera Aldemira, intendente do corpo da Policía Local do Concello de Ourense.
Vogais:
José Manuel Rico Rodríguez, intendente do corpo da Policia Local do Concello da Coruña.
Jesús Piñeiro Santos, intendente do corpo da Policía Local do Concello de Lugo.
Ramón Freire Priegue, xefe do Servizo Económico-Administrativo da Academia Galega de Seguridade Pública.
