DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40666

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, pola quenda de acceso libre, dunha vacante do posto de coordinador/a de Atención e Xestión da Rede do nivel 1 do grupo técnico do cadro de persoal (enxeñeiro/a superior de telecomunicacións).

De conformidade co indicado no artigo 110 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, anúnciase a convocatoria do proceso selectivo para a provisión, pola quenda de acceso libre, dunha vacante do posto de coordinador/a de Atención e Xestión da Rede do nivel 1 do grupo técnico do cadro de persoal (enxeñeiro superior de telecomunicacións).

O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As bases, así como as distintas convocatorias, publicaranse no taboleiro de anuncios da sociedade e na páxina web de Retegal (www.retegal.gal).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025

María Pilar Chapela Villanueva
Directora xerente de Redes de Telecomunicación Galegas