DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40665

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO das bases reguladoras e da convocatoria do procedemento de provisión, en réxime de concurso, dun posto de persoal funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 132, do 14 de xullo de 2025, publicáronse as bases e a convocatoria do procedemento de provisión, en réxime de concurso, dun posto de auxiliar administrativo do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O prazo para presentar as solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, logo da publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán na sede electrónica do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Carballo, 14 de xullo de 2025

Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial contra Incendios
e Salvamento da Coruña