DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 18 de xullo de 2025 Páx. 40664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuarlles a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2025/V001/000129

9251303NH3995S

Arteixo

H.J.M.D

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 20 de xuño de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente