No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 252/2025 (procedemento ordinario), interposto por José María Martínez Loira, contra a Resolución do 13 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 64, do 2 de abril), na categoría de técnico/a en cuidados auxiliares de enfermaría (TCAE).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
