DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de xuño de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de electricidade, no porto de Malpica (clave 12-19-25-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por UFD, Distribución Electricidad, S.A., para a ocupación de dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de electricidade, no porto de Malpica, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 20 de maio de 2025.

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 25 de xuño de 2025

Lorena Solana Barjacoba
Xefatura da Zona Centro