De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación de mutuo acordo relacionados no anexo, e/ou por intentada esta, e non se puido efectuar, no domicilio dos titulares, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra: autovía AG-59, treito: enlace AC-241-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01.2 (PO), no concello da Estrada.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Pontevedra da AXI, sito na avenida María Victoria Moreno 43, 1°, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 4 de xullo de 2025
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
|
6 - IP |
36017E50100105 |
35263907P |
|
8 |
36017W50100094 |
33145175J |
|
16 |
36017W50100112 |
76839131H |
|
30 |
36017W52802386 |
76858219Q |
|
39 |
36017W52802374 |
35429470V |
|
52 |
36017W52802366 |
33185293L |
|
79 |
36017J50500431 |
76847303W |
|
108 |
36017W52702246 |
33181596W |
|
112 |
36017W52702274 |
06993130A |
